CHEGAN "OS MAIOS"

                 
    Xa chegaron "OS MAIOS" ao noso colexio!


Os Maios é unha festa popular de orixe ancestral. 
Esta celebración primaveral xeralmente facíase coincidir co primeiro domingo de maio. 
Antigamente tiña connotacións rituais totémicas á divinidade primaveral ou das árbores que se perderon co paso do tempo.

   En Galicia celébrase "Os Maios" para despedir o inverno e celebrar a floración da natureza. 
Chámanse Maios tanto á celebración desta festa como ás representacións que se fan nelas.
    Estas representacións consisten en cantar coplas ou diálogos adicados á primavera e o seu significado dentro da comunidade, aínda que nalgúns lugares compóñense coplas criticando ou satirizando a determinadas persoas ou institucións do lugar.

   Dependendo da zona de Galicia, os maios celébranse de diferentes formas. 
Os Maios do Sur de Galicia son os máis coñecidos. 
Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén saen en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz, Valdeorras e Verín.